lunes, 12 de junio de 2017

The Weather Forecast / Prévision météo

Que mellor práctica dos idiomas que utilizalos en situacións do día a día. Outro ano máis propuxémonos contar o tempo e as predicións meteorolóxicas nos idiomas estranxeiros que se estudan no noso centro: inglés e francés.

Durante varias semanas ao longo do curso, alumnado de distintos nivéis (1º, 2º e 4º ESO, 2º PMAR e 1º Bacharelato) preparou coa profesora correspondente as frases que exporían ou anunciarían o tempo do día da gravación ou dos seguintes días. Logo, poñéndose no papel dos presentadores do tempo, gravaron as súas predicións, usando como fondo a proxección da páxina de Meteogalicia. Estes vídeos foron publicadas no mesmo día na páxina do Facebook do noso centro, chamada Freicorrespondentes. É unha páxina moi activa, con máis de 500 seguidores, que a leva profesorado e alumnado do centro.

A continuación tedes os enlaces onde poderedes comprobar o magnífico traballo do noso alumnado e profesorado:

19 de xaneiro de 2017
27 de xaneiro de 2017
10 de febreiro de 2017
24 de febreiro de 2017
15 de marzo de 2017
16 de maio de 2017
16 de maio de 2017

Pero estes non foron os únicos alumnos que participaron! A continuación preséntanse os vídeos de predición doutros compañeiros e compañeiras:


  • Do 27 de xaneiro (1º Bach A):
                Carlos
                Sofía
                Anxo
                Alberto
  • Do 9 de febreiro (1º Bach C e B):
                Carlos
                Pablo
                Erika
                Juliana
                María
                Marta
                Leticia
                Yaiza

sábado, 10 de junio de 2017

Traballando a imaxinación cos Haiku

Como xa fixeran os seus compañeiros e compañeiras o ano pasado, o alumnado de 1º ESO compuxo e ilustrou uns poemas de 3 versos, coñecidos como Haiku, dentro da materia de Lingua Galega e coa colaboración do Equipo de Dinamización Lingüística do centro.

Estas obras foron, así mesmo, publicadas no blog da biblioteca do noso IES, xa polo mes de febreiro, como se pode consultar no seguinte enlace:

O alumnado de PMAR infórmannos do tempo!

Aproveitando o mapa da provincia de Pontevedra que elaborou o alumnado no curso pasado, os rapaces e rapazas de PMAR avísannos cada día da semana do tempo que se espera ao día seguinte.

Escolléronse unha serie de imaxes atopadas na rede para os distintos meteoros que poderían darse e que eles mesmos recortaron.



Organizáronse de modo que cada 1 ou 2 informa da predición un día da semana. Para elo, visitan a páxina de Meteogalicia, ben no seu móbil ou no ordenador de clase, e observan o tempo que se espera ao mediodía do día seguinte, xa que son as horas que máis lle poden interesar ás persoas que atópanse no centro. No recreo, actualizan o mapa da previsión meteorolóxica, de modo que pode ser consultado por todo aquel que entre ou saia do noso IES.




Incorporamos un higrómetro e un barómetro á nosa estación meteorolóxica!

Estamos de noraboa! Xa contamos con dous novos sensores na nosa estación. Todo gracias ao traballo de Iñaki, alumno de 2º do Bacharelato de Ciencias, tutorado polo seu profesor de Tecnoloxía. Así, desde o mes de marzo puidemos tomar datos da humidade e da presión atmosférica.

Para a elaboración dos novos dispositivos precisaron do seguinte material:

  • Placa Arduíno UNO.
  • LCD 2x16.
  • Pulsador.
  • Interruptor.
  • Box pilas (12 V) AAA.
  • Resistencia 330 Ω 1/2 W.
  • Resistencia 100 Ω 1/2 W.
  • Sensor de humidade e temperatura.
  • Potenciómetro 100 KΩ (varilla).
  • Cables conectores.
  • Sensor de presión e altitude.
  • Carcasa, feita con Printer 3D.
A continuación se amosan as fotos cos sensores e os esquemas utilizados para montar o circuíto.



En canto ao código que permitiu programar a placa, foi o seguinte:

#include <LiquidCrystal.h>//Incluimos la libreria de la LCD
#include "DHT.h"//Incluye libraría de control del sensor
#define DHTPIN 8//Defiene el pin al que se conectará el sensor
#define DHTTYPE DHT11//Seleciona el tipo de sensor
DHT dht(DHTPIN, DHTTYPE);//Configura la libraría

int Humedad=0;//Declaramos la variable Humedad
int Temperatura=0;//Declaramos la variable Humedad


LiquidCrystal lcd(12, 11, 5, 4, 3, 2);//Declaramos los pines que usa nuestra pantalla(RS,E,D4,D5,D6,D7)

void setup() {
  dht.begin();//Inicializa la libraria dht
  lcd.begin(16, 2);//Iniciamos la pantalla y le decimos el numero de caracteres y filas
  
  lcd.setCursor(4, 0);//Situamos el lugar donde empezará la escritura
  lcd.print("LEANTEC");//Escribimos LEANTEC en la LCD
  delay (2000);//Esperamos dos segundos
  lcd.clear();//Limpiamos la pantalla
  lcd.setCursor(0, 0);//Situamos el lugar donde empezará la escritura
  lcd.print("Robotics &");//Escribimos Robotics & en la LCD
  delay (1000);//Esperamos un segundos
  lcd.setCursor(5, 1);//Situamos el lugar donde empezará la escritura
  lcd.print("Electronics");//Escribimos Electronics en la LCD
  delay (2000);//Esperamos dos segundos
  lcd.clear();//Limpiamos la pantalla
  lcd.setCursor(0, 0);//Situamos el lugar donde empezará la escritura
  lcd.print("ESTACION");//Escribimos ESTACION en la LCD
  delay (1000);//Esperamos un segundos
  lcd.setCursor(0, 1);//Situamos el lugar donde empezará la escritura
  lcd.print("METEOROLOGICA");//Escribimos METEOROLOGICA en la LCD
  delay (2000);//Esperamos dos segundos
  lcd.clear();//Limpiamos la pantalla
  
  
}

void loop() {
  
  Humedad = dht.readHumidity();//Lee la humedad
  Temperatura = dht.readTemperature();//Lee la temperatura
  
  lcd.setCursor(0, 0);//Situamos el lugar donde empezará la escritura
  lcd.print("HUMEDAD");//Escribimos HUMEDAD en la LCD
  lcd.setCursor(12, 0);//Situamos el lugar donde empezará la escritura.
  lcd.print(Humedad);//Representamos el valor de la variable Humedad.
  lcd.setCursor(14, 0);//Situamos el lugar donde empezará la escritura
  lcd.print("%");//Escribimos % en la LCD
  lcd.setCursor(0, 1);//Situamos el lugar donde empezará la escritura
  lcd.print("TEMPERATURA");//Escribimos TEMPERATURA en la LCD
  lcd.setCursor(12, 1);//Situamos el lugar donde empezará la escritura
  lcd.print(Temperatura);//Representamos el valor de la variable Temperatura.
  lcd.setCursor(14, 1);//Situamos el lugar donde empezará la escritura
  lcd.print("C");//Escribimos C en la LCD
  delay(100);//Esperamos 100 milisegundos
  
    }

E aquí podemos comprobar o resultado:



O propio alumno grabou o seu funcionamento para o seu canal de youtube:


Para darlle o toque final, construíuse unha carcasa coa impresora 3D da que dispón o departamento, para así axudar a protexer o dispositivo das condicións atmosféricas do exterior.



Traballo excelente e unha gran adxudicación para a estación meteorolóxica do centro.

Experimentando - Correntes atmosféricas e contaminación

Por Ana, Salma e Mikel. 1ºESO A.

Como se forman as correntes de aire na atmosfera? Afecta isto á concentración ou dispersión da contaminación? O comprobaremos no seguinte vídeo.


O fume xerado ao queimar o papel sería o equivalente aos contaminantes que botamos polos tubos de escape ou polas chemineas. Ao ter unha cor gris, nos permite observar mellor como se move o aire en función da súa temperatura. Vese que, cando arrefriamos o aire da botella co xeo, este acumúlase no metade inferior da botella, mentres que ao quentar o aire da botella con auga quente, este vai ascendendo. Isto débese a que o aire quente é máis lixeiro que o aire máis frío do seu redor, mentres que o aire frío e máis pesado que o aire máis quente do seu redor.

Este fenómeno é similar ao que ocorre nos anticiclóns e nas borrascas. Os anticiclóns son zonas de altas presións, pola baixada de aire desde zonas altas da atmosfera. Isto impide a dispersión dos contaminantes, como observamos na nosa botella cando a tiñamos no xeo. Mentres que as borrascas son zonas de baixas presións, porque no seu interior se produce un ascenso do aire. Isto favorece a dispersión da contaminación, como observamos na nosa botella cando a introducimos en auga quente.

lunes, 2 de enero de 2017

Experimentando - O ciclo da auga

Por Inés, Álex e Pablo. 1º ESO A.

Sodes curiosos e queredes saber máis sobre o ciclo da auga? Pois so tedes que ver este vídeo no que facemos un interesante experimento sobre o percorrido da auga na Terra.


Voltamos!!!

Os que nos seguides no Instagram @temposarmiento xa o saberedes. Para os demais comunicarvos que xa comezamos de novo co proxecto de Meteoescolas. No primeiro trimestre centrámonos principalmente en volver a habituarnos a tomar os datos, sobre todo aquelas persoas que son novas no equipo. Pero pouco a pouco iremos realizando máis actividades relacionadas. Así que comezamos con moita ilusión! Espero que vos guste.