jueves, 22 de junio de 2017

Experimentando - Un filtro natural para a auga

Por Julia, Sohaib, Erea e Martín

Materiais

Auga.
Tres botellas de 5 l .
Tres botellas de 1,5 l.
Cúter.
Fío forte ou corda.
Abundante terra.
Herba fresca.
Herba e follas secas.


Procedemento

Cortamos as botellas de 1,5 litros pola metade horizontalmente, e as de 5 litros pola metade verticalmente, sen cortar o tapón. Enchemos as botellas de 5 litros, xa cortadas, de terra. Unha só levará abundante terra, outra con herba e follas secas e outra con abundante herba fresca. Colocamos as botellas de 1,5 litros  agarrándoas ao tapón das outras botellas. Botamos auga a cada un dos recipientes coa terra e vemos o que pasa.


Que esperamos ver?

Esperamos ver que a auga que botamos e non sexa retida pola terra ou, no seu caso, as plantas, (escorrentía subterránea do ciclo da auga) acabe nas botellas de 1,5 l. Na primeira, que contén soamente terra, esperaríamos que a auga saíse completamente sucia. Na terceira, con herba fresca, esperaríamos que a auga saíse limpa. Na segunda, con restos vexetais secos, esperaríamos que a auga tivese un nivel intermedio de suciedade en comparación coa primeira e a terceira.

E efectivamente vimos unha diferenza!! (Obsérvase tamén unha certa coloración na auga pero débese á auga dos grifos do laboratorio, que sae con algo de óxido).




Por que sucede?

As raíces das plantas axudan a reter a terra do solo, por iso esperabamos que a auga da terceira botella saíse limpa. Pola contra, a ausencia de vexetación permite que a auga arrastre as partículas que constitúen a terra, por iso observaríamos auga sucia. No caso intermedio, a vexetación seca é capaz de reter en parte á terra, pero non é tan eficaz como as raíces das plantas.


Como se relaciona isto co clima?

Con este experimento queríamos explicar as consecuencias das chuvias torrenciais en terreos deforestados. A ausencia de raíces que reteñan a auga permitiría que esta arrastrase o solo, causando unha pérdida de productividade do mesmo e, co tempo, a desertización do lugar. Ademais, esas augas de escorrentía que moitas veces acumúlanse en acuíferos estarían cargadas de partículas sólidas en suspensión, facendo máis difícil a súa potabilización.
Isto demostra o valor das árbores e outras plantas que cubren a nosa terra e, por tanto, a importancia de protexelas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario