O equipo

EQUIPO DO CURSO 2016-2017
A coordinadora - Marián Suárez

Ademais de realizar tarefas de coordinación, colabora na recollida dos datos meteorolóxicos os luns e martes e algúns días non lectivos, na análise deses datos e na realización de experimentos relacionados coa meteoroloxía.










O alumnado




O grupo de alumnos co que se traballou  foi variado en canto á idade e intereses: 1º, 3º e 4º da ESO, 1º e 2º de PMAR, 2º de FP básica e 2º Bach.

O profesorado colaborador
Sonia González (dpto. Bioloxía e Xeoloxía), que participa na recollida de datos meteorolóxicos os mércores.















Ángeles Eyo (dpto. Bioloxía e Xeoloxía), que participa na recollida de datos meteorolóxicos os xoves.















Jorge Abel (dpto. Xeografía e Historia), que participa na recollida de datos meteorolóxicos os venres.















Penélope Ares (dpto. Lingua Galega), que propúxolles ao alumnado de 1ºESO a elaboración de haikus relacionados co clima e de dorsais con termos meteorolóxicos en galego para levar postos no Correlingua.



Sonia González (dpto. Educación Plástica e Visual), que traballou co alumnado de 1ºESO en como debuxar as nubes fixándose nos súas distintas morfoloxías.

Antonio Pérez (dpto. Tecnoloxía), que tutorizou a un alumno de 2º Bach de Ciencias na construción dun dispositivo que mide temperatura, presión, humidade e altitude.

José A. Sánchez (dtpo. Mecánica), que guiou aos alumnos na construción do catavento.

Carmen Fernández, Manoli García e Teresa Amoedo (dpto. Lingua Inglesa), Ana López e Raquel Santamariña (dpto. Lingua Francesa), que traballaron co seu alumnado na terminoloxía e expresións utilizadas nas dúas linguas para dar as predicións do tempo.

Lucía Núñez (dtpo. Lengua Castellana), que, co alumnado de PMAR, traballou os climas e a súa localización nos diferentes mapas. Tamén foi a responsable da gravación dos vídeos dos refráns en galego.

Flavio Piñeiro (dpto. Matemáticas), que xunto co alumnado, leva a elaboración da revista do IES, na cal publicouse un resumo do traballo realizado dentro deste Proxecta.


GRAZAS A TODOS POLA VOSA VALIOSÍSIMA COLABORACIÓN QUE FIXO POSIBLE LEVAR A CABO ESTE PROXECTO UN ANO MÁIS!


EQUIPO DO CURSO 2015-2016
A coordinadora - Marián Suárez

Ademais de realizar tarefas de coordinación, colabora na recollida dos datos meteorolóxicos os xoves e días non lectivos, na análise deses datos e na realización de experimentos relacionados coa meteoroloxía.










O alumnado


O grupo de alumnos co que se traballou  foi variado en canto á idade e intereses: 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, 1º de PMAR e 2º de FP básica.


O profesorado colaborador

Luis Ruiz, que colabora na análise do pH da auga da chuvia.
María Balea, que participa na recollida de datos meteorolóxicos os luns e na recolección de refráns relacionados co clima.


Oscar Saborido, que guiou aos alumnos na construción da caseta meteorolóxica.
Raúl Rodríguez, que tamén axudou coa caseta, ademais de participar na recollida dos datos meteorolóxicos os martes.

Penélope Ares, que acompaña ao alumnado na toma de datos dos mércores, ademais de propoñerlles a elaboración de caligramas e haikus relacionados co clima.


Christina Gamallo, tamén colaboradora na recollida dos datos meteorolóxicos durante o recreo dos venres.

Alberto Durán, gracias ao cal o alumnado puido construír un novo instrumento para a estación meteorolóxica, o anemómetro.

Inés Barros, que axudou ao alumnado na realizaron dun logo para o proxecto, un mapa da provincia de Pontevedra e a gravación de predicións meteorolóxicas en inglés e francés. Para a realización desta última actividade conta coa colaboración de profesorado dos departamentos de linguas: Manuela García, Ana López e Ana de Saa, ás que lle estamos moi agradecidas por sumarse a este proxecto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario