viernes, 23 de junio de 2017

E pechamos o curso cunha exposición do noso traballo!!!

A última semana de curso, durante un recreo, estivemos ensinando ao resto do alumnado e profesorado do centro unha boa parte do que se fixo no proxecto:

  • Experimentos relacionados coa meteoroloxía, que foi o que máis chamou a atención.
  • Pósters cos análisis dos datos da nosa estación.
  • Haiku.
E tamén amosamos os instrumentos que estivemos a utilizar durante o curso durante todo o ano.

Foi todo un éxito!!













Nestes enlaces, pódense ver os pósters de preto.



Saímos na revista do insti!!

O alumnado de 2º PMAR, coa axuda das profesoras dos dous ámbitos, escribiu un artigo sobre o proxecto. Este foi publicado na revista do centro, que recibe o nome de Paraquenaqueira.


Coidemos o noso planeta!

Alumnado de 1º ESO elaborou, na clase de Lingua Galega, trípticos que, principalmente, xiraban entorno ao aforro da auga e como reducir a contaminación. A continuación amósanse algúns deles:









jueves, 22 de junio de 2017

Refranes en galego

Por alumnado de 2º PMAR.

O curso pasado, compañeiros e compañeiras do instituto recopilaron e representaron refranes populares en francés. Este ano fixemos algún máis en galego e este foi o resultado. Que ben soa a nosa lingua!

https://drive.google.com/file/d/0B6LEWZOAC_sIM0xVZGJuV01Gd1U/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/0B6LEWZOAC_sIbkh0dUhXUlhXSkU/view?usp=sharing

Experimentando - Un filtro natural para a auga

Por Julia, Sohaib, Erea e Martín

Materiais

Auga.
Tres botellas de 5 l .
Tres botellas de 1,5 l.
Cúter.
Fío forte ou corda.
Abundante terra.
Herba fresca.
Herba e follas secas.


Procedemento

Cortamos as botellas de 1,5 litros pola metade horizontalmente, e as de 5 litros pola metade verticalmente, sen cortar o tapón. Enchemos as botellas de 5 litros, xa cortadas, de terra. Unha só levará abundante terra, outra con herba e follas secas e outra con abundante herba fresca. Colocamos as botellas de 1,5 litros  agarrándoas ao tapón das outras botellas. Botamos auga a cada un dos recipientes coa terra e vemos o que pasa.


Que esperamos ver?

Esperamos ver que a auga que botamos e non sexa retida pola terra ou, no seu caso, as plantas, (escorrentía subterránea do ciclo da auga) acabe nas botellas de 1,5 l. Na primeira, que contén soamente terra, esperaríamos que a auga saíse completamente sucia. Na terceira, con herba fresca, esperaríamos que a auga saíse limpa. Na segunda, con restos vexetais secos, esperaríamos que a auga tivese un nivel intermedio de suciedade en comparación coa primeira e a terceira.

E efectivamente vimos unha diferenza!! (Obsérvase tamén unha certa coloración na auga pero débese á auga dos grifos do laboratorio, que sae con algo de óxido).




Por que sucede?

As raíces das plantas axudan a reter a terra do solo, por iso esperabamos que a auga da terceira botella saíse limpa. Pola contra, a ausencia de vexetación permite que a auga arrastre as partículas que constitúen a terra, por iso observaríamos auga sucia. No caso intermedio, a vexetación seca é capaz de reter en parte á terra, pero non é tan eficaz como as raíces das plantas.


Como se relaciona isto co clima?

Con este experimento queríamos explicar as consecuencias das chuvias torrenciais en terreos deforestados. A ausencia de raíces que reteñan a auga permitiría que esta arrastrase o solo, causando unha pérdida de productividade do mesmo e, co tempo, a desertización do lugar. Ademais, esas augas de escorrentía que moitas veces acumúlanse en acuíferos estarían cargadas de partículas sólidas en suspensión, facendo máis difícil a súa potabilización.
Isto demostra o valor das árbores e outras plantas que cubren a nosa terra e, por tanto, a importancia de protexelas.



Experimentando - Xogamos coa presión para facer adelgazar un ovo

Por Lucía, Hugo e Diego. 1º ESO A.

O noso grupo fixo un experimento no que introdúcese un ovo nunha botella cunha boca máis pequena que o propio ovo. Como se fai isto? Coa axuda da presión atmosférica, que é capaz de modelar obxectos brandos para igualar a presión entre dous espazos.

Que necesitamos?
  • Un ovo cocido.
  • Unha botella de cristal cunha boca un pouco máis pequena que o propio ovo.
  • Un papel.
  • Un chisqueiro ou caixa de fósforos.

Como procedimos no experimento?
  1. Poñemos o ovo na boca da botella para combrobar que é imposible introducilo sen rompelo e, posteriormente, o retiramos.
  2. Introducimos pola boca da botella un papel, ao cal lle predemos lume.
  3. Poñemos o ovo sobre a boca da botella e esperamos a ver o que pasa.

Que observamos?
Poco a pouco vimos que o ovo foi introducíndose na botella ata caer finalmente no fondo. Aínda que tardou tempo, noutras probas o conseguimos con maior rapidez. É máis sinxelo canto máis pequena sexa a botella e canto máis dure o lume.

Cal é a explicación deste resultado?

Isto ocorre porque o lume, para arder, necesita osíxeno. Deste modo, ao consumilo, a presión atmosférica do interior da botella descende, mentras que a presión atmosférica do exterior seguirá sendo a mesma e, por tanto, maior. A diferenza de presión entre os dous espazos fai que o aire do exterior presione ao ovo, modelándoo, grazas a que é brando, e facilitando que se introduza na botella para así igualar a presión.

Como se pode relacionar con algún fenómento meteorolóxico?
Como xa se expresou noutros experimentos nos que xogábase coa presión, diferenzas de presión tamén existen na atmosfera, producindo o movemento de masas de aire, o que daría lugar ao vento. Neste caso ese movemento invisible do aire o podemos apreciar no que lle ocorre ao ovo ao atoparse entre dous espazos de diferente presión.

lunes, 19 de junio de 2017

Correlingua e Meteoescolas van da man

Como xa en anos anteriores, o noso alumnado de 1º ESO participou no Correlingua organizado na nosa cidade. Este ano, con motivo da colaboración do Departamento de Lingua Galega e do grupo de Normalización Lingüística co noso proxecto, os rapaces levaron dorsais con termos galegos sobre a meteoroloxía, como se pode ver no seguinte enlace.

jueves, 15 de junio de 2017

Imaxes interactivas sobre os climas

O alumnado de 2º de PMAR traballou na creación dunha serie de imaxes interactivas. Estas consistían en mapas da Península Ibérica, Europa ou de todo o planeta, que colorearan segundo a distribución dos distintos tipos de climas, dentro do Ámbito Lingüístico-Social. Estas imaxes escaneáronse para despois subilas a unha páxina de creación de imaxes interactivas, chamada thinglink.

Dun xeito sinxelo, engadiron etiquetas en puntos concretos deses mapas con información ou enlaces de interese sobre o clima en cuestión.

Ademais os traballos resultantes foron compartidos nun "muro", creado en padlet, de modo que podían consultar as imaxes elaboradas polos seus compañeiros.

Mirando ao ceo

Por alumnado de 1º ESO B e 1º ESO C.

No primeiro trimestre, na materia de Bioloxía e Xeoloxía, traballamos un tema sobre a atmosfera, dentro do cal estudamos a formación das nubes e aprendimos que se poden clasificar en función da súa morfoloxía, como se pode observar nesta imaxe.



Aproveitando estes contidos e o feito de estar traballando coas témperas na materia de Educación Plástica e Visual, dedicamos varias sesións a debuxar os distintos tipos de nubes. Aquí se amosan os traballos:

                                              Anthony

Antía                                          Asier

Brais                                         Carla

Carlos                                     Carlos

Christian                                 Clara

Clara                                          Clara

Clara                                            Clara

Donovan                                   Gloria

Héctor                                    Javier

Javier                                       Judith

Judith                                        Lara

Lara                                          Lara

Lara                                         Lucía

Lucía                                         Lucía

Luis                                       Marta

Marta                                      Miguel

Natalia                                    Natalia

Noelia                                      Sandra

Sandra                                      Sandra

Yeray                                                  




Pablo                                        Sara

Daniel                                       Daniel

Daniel                                   Cris y Marina

                                           Cris y Marina

Esteban y Álvaro                                              

Elisa y Naomi                                 Candela

Esteban y Álvaro                        Elisa y Naomi

Alejandra e Alejandra                                         Neo

Marcos                                   Noelia e Alejandro

Andrés e Mario                          Antía e Candela

Sandra e Antía                                           Neo