Recollida de datos

Unha vez construída e instalada a caseta onde se garda o termómetro, así como o poste de anclaxe do pluviómetro, comezamos a tomar os datos correspondentes. Para elo elaboramos unha ficha.

Na mesma, o alumnado vai apuntando, ademais dos seus nomes, data e hora (normalmente no recreo), os seguintes datos:


  • As temperaturas máxima, mínima, así como a do momento da toma de datos. A temperatura máxima correspondería ao mediodía do día anterior, mentres que a mínima sería da madrugada dese mesmo día. Unha vez recollidas, o termómetro é reiniciado para que comece de novo o rexistro deses valores máximo e mínimo.

  • A chuvia caída nas últimas 24 horas. Para elo, medimos a auga acumulada no pluviómetro coa axuda dunha probeta calibrada para dar os datos directamente en l/m2.

  • O percorrido do vento nas últimas 24 horas. Esto comezouse a facer en marzo, tras finalizar a construción do noso anemómetro caseiro.

  • A presencia ou ausencia, ao longo das últimas 24 horas, de orballo, escarcha, neve, néboa, treboada e saraiba.
  • O pH da auga de chuvia, no caso de que houbera. (Curso 2015-2016)


No curso 2016-2017, recollimos tamén os seguintes datos:

  • A presión atmosférica e a porcentaxe de humidade no aire, por medio de dous sensores conectados a unha placa de Arduíno, a cal se programou para que dese tales datos en tempo real.

  • A dirección do vento, grazas a unha veleta feita tamén de forma caseira.




O alumnado introduce estes datos na conta do proxecto na páxina de Meteoescolas e tamén os gardan nunha folla de excel creada en Google Drive para un posterior tratamento dos mesmos.
                                    Curso 2015-2016                             Curso 2016-2017

O alumnado tamén saca todos os días unha foto da mesma zona do ceo: en dirección norte e tomando como referencia a sinal do aparcadoiro do instituto (sempre na esquina inferior esquerda do encuadre). A mesma é subida á páxina do proxecto no Instagram, "temporsarmiento", coa data e algún comentario ao respecto do estado do ceo. Deste modo poden ir vendo como vai evolucionando o tempo ao longo dos días e compartindo estas observacións cos compañeiros/as.

No hay comentarios:

Publicar un comentario