O proxecto

Introdución

Benvidos a “O tempo desde o Sarmiento”. Este é un proxecto levado a cabo por alumnos e profesores do IES Frei Martín Sarmiento, de Pontevedra, que se enmarca dentro do programa Meteoescolas, promovido dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e dende Meteogalicia.
A nosa andaina comezou coa entrega e instalación de dous instrumentos de medición que presenta calquera caseta meteorolóxica: un termómetro de temperaturas máxima e mínima e un pluviómetro. A partir de ahí comezamos a realizar variedade de actividades desde distintas materias (ciencias, linguas, debuxo, tecnoloxía) sempre relacionadas co clima. Esta páxina pretende reflectir o traballo realizado ao longo do curso polos nosos alumnos coa axuda do profesorado. Invítovos a coñecer a nosa experiencia.


Obxectivos

  • Coñecer os elementos, funcionamento e características dunha estación meteorolóxica.
  • Achegar e familiarizar aos alumnos/as coas rutinas e métodos a seguir no traballo científico.
  • Destacar a importancia da rigorosidade na toma de datos e no método de traballo.
  • Analizar os datos meteorolóxicos utilizando ferramentas axeitadas.
  • Elaborar conclusións relacionando os datos obtidos coa observación do entorno natural e coas predicións meteorolóxicas.
  • Coñecer mellor o clima no que nos atopamos e os principais factores que o determinan.
  • Concienciar aos alumnos/as sobre a utilidade de estudar o medio natural e, en concreto, o clima.
  • Reflexionar sobre as consecuencias da contaminación atmosférica e a necesidade de coidar o medio ambiente.
  • Potenciar a creatividade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario