sábado, 10 de junio de 2017

O alumnado de PMAR infórmannos do tempo!

Aproveitando o mapa da provincia de Pontevedra que elaborou o alumnado no curso pasado, os rapaces e rapazas de PMAR avísannos cada día da semana do tempo que se espera ao día seguinte.

Escolléronse unha serie de imaxes atopadas na rede para os distintos meteoros que poderían darse e que eles mesmos recortaron.



Organizáronse de modo que cada 1 ou 2 informa da predición un día da semana. Para elo, visitan a páxina de Meteogalicia, ben no seu móbil ou no ordenador de clase, e observan o tempo que se espera ao mediodía do día seguinte, xa que son as horas que máis lle poden interesar ás persoas que atópanse no centro. No recreo, actualizan o mapa da previsión meteorolóxica, de modo que pode ser consultado por todo aquel que entre ou saia do noso IES.




No hay comentarios:

Publicar un comentario