sábado, 10 de junio de 2017

Experimentando - Correntes atmosféricas e contaminación

Por Ana, Salma e Mikel. 1ºESO A.

Como se forman as correntes de aire na atmosfera? Afecta isto á concentración ou dispersión da contaminación? O comprobaremos no seguinte vídeo.


O fume xerado ao queimar o papel sería o equivalente aos contaminantes que botamos polos tubos de escape ou polas chemineas. Ao ter unha cor gris, nos permite observar mellor como se move o aire en función da súa temperatura. Vese que, cando arrefriamos o aire da botella co xeo, este acumúlase no metade inferior da botella, mentres que ao quentar o aire da botella con auga quente, este vai ascendendo. Isto débese a que o aire quente é máis lixeiro que o aire máis frío do seu redor, mentres que o aire frío e máis pesado que o aire máis quente do seu redor.

Este fenómeno é similar ao que ocorre nos anticiclóns e nas borrascas. Os anticiclóns son zonas de altas presións, pola baixada de aire desde zonas altas da atmosfera. Isto impide a dispersión dos contaminantes, como observamos na nosa botella cando a tiñamos no xeo. Mentres que as borrascas son zonas de baixas presións, porque no seu interior se produce un ascenso do aire. Isto favorece a dispersión da contaminación, como observamos na nosa botella cando a introducimos en auga quente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario