Por Julia, Sohaib, Erea e Martín
Materiais
Auga.
Tres
botellas de 5 l .
Tres
botellas de 1,5 l.
Cúter.
Fío
forte ou corda.
Abundante
terra.
Herba
fresca.
Herba e follas secas.
Procedemento
Cortamos
as botellas de 1,5 litros pola metade horizontalmente, e as de 5 litros pola metade verticalmente, sen cortar o tapón. Enchemos as botellas de 5 litros, xa cortadas,
de terra. Unha só levará abundante terra, outra con herba e follas secas e outra con
abundante herba fresca. Colocamos as botellas de 1,5 litros agarrándoas
ao tapón das outras botellas. Botamos auga a cada un dos recipientes coa terra e vemos o que pasa.
Que
esperamos
ver?
Esperamos
ver que a auga que botamos e non sexa retida pola terra ou, no seu caso, as plantas, (escorrentía subterránea do ciclo da auga) acabe nas botellas de 1,5 l. Na primeira, que contén soamente terra, esperaríamos que a
auga saíse completamente sucia. Na terceira, con herba fresca, esperaríamos que a auga saíse limpa. Na segunda, con restos vexetais secos, esperaríamos que a auga tivese un nivel
intermedio de suciedade en comparación coa primeira e a terceira.
E efectivamente vimos unha diferenza!! (Obsérvase tamén unha certa coloración na auga pero débese á auga dos grifos do laboratorio, que sae con algo de óxido).
Por
que sucede?
As raíces das plantas axudan a reter a terra do solo, por iso esperabamos que a auga da terceira botella saíse limpa. Pola contra, a ausencia de vexetación permite que a auga arrastre as partículas que constitúen a terra, por iso observaríamos auga sucia. No caso intermedio, a vexetación seca é capaz de reter en parte á terra, pero non é tan eficaz como as raíces das plantas.
Como se relaciona isto co clima?
Con este experimento queríamos explicar as consecuencias das chuvias torrenciais en terreos deforestados. A ausencia de raíces que reteñan a auga permitiría que esta arrastrase o solo, causando unha pérdida de productividade do mesmo e, co tempo, a desertización do lugar. Ademais, esas augas de escorrentía que moitas veces acumúlanse en acuíferos estarían cargadas de partículas sólidas en suspensión, facendo máis difícil a súa potabilización.
Isto
demostra o valor das árbores e outras plantas que cubren a
nosa terra e, por tanto, a importancia de protexelas.