Como o noso alumno Moisés nos indicada na seguinte redacción, a construción
da caseta levouse a cabo polos alumnos de 2º da F.P.Básica coa disposición horaria das prácticas no
taller mecánico, a cargo do docente Óscar Saborido.
1º Comezouse
por unha boa organización loxística,
para evitar viaxes en balde aos centros
de venta de material e tránsito de papeis e facturas no propio centro.
Posto que aínda que os materiais e os prezos son indicados nos planos ofertados
polo proxecto, podería considerarse que este é “un pouco optimista” nos tempos dedicados á man de obra e no propio
presuposto. Sendo así, presupóstase un custo total de entre 25 e 35 euros que
finalmente viuse incrementado aproximadamente a 100, o que foi aportado polo Departamento de Ciencias
Naturais. Esta desviación debeuse principalmente, a que as medidas necesarias
dos taboleiros empregados non se ofertan normalmente nos almacéns de madeira,
senón que existe unha superficie mínima de venta, que practicamente, xa se
levou por diante o presuposto inicial.
2º Con todo,
unha vez obtidos os materiais (listóns, tapaxuntas de abeto a modo de tabliñas,
cola, puntas, tirafondos, bisagras, escuadras e taboleiro de contrachapado de
fenol), procedeuse a un pequeno axuste
nas medidas das tabliñas e ao corte
dos materiais nas medidas especificadas polos planos proxecto.





3º A
construción comeza pola presentación dos
materiais (taboleiros e listóns, algúns deles recortados a modo de serra
para pegar as tabliñas) e a montaxe do
“chasis” ou da estrutura básica uníndoa cuns tirafondos reforzados con cola
de madeira, e apertando cuns sarxentos para un secado máis firme.
4º Tendo
as tabliñas recortadas á medida, tapáronse
con elas as superficies laterais. Na dianteira colocáronse bisagras para
que actúe a modo de porta. As tabliñas colocáronse superpostas como tellas (asegurándoas en ocasións con puntas), pero
deixando entre elas un espazo de
ventilación suficiente e imprescindible, para a obtención correcta da
medida das temperaturas. Ao mesmo tempo outros alumnos traballaban na
colocación da base interior da
caseta a modo de enxaretado (polo
mesmo motivo da ventilación)
5º
Finalizada a estrutura principal, e para que perdurase un pouco máis no tempo,
lle foron aplicadas tres mans de fondo
protector da madeira (tapaporos, antifúnxico, contra insectos xilófagos e
repelente á auga) que incrementou un pouco máis o custo total. Tras o secado
deste fondo ficaba disposta para ser pintada
de cor branco. Aproveitando parte da unidade didáctica da materia de Ciencias
Aplicadas “espazos e figuras xeométricas” empregáronse os contidos teóricos
para levar á practica, e que os alumnos calculasen moi satisfactoriamente a
cantidade de fondo e pintura necesarias para pintar ás superficies da caseta, e
co número de mans de cada unha a aplicar (simplemente sobraron uns centilitros).
6º Tendo
rematada a estrutura principal da caseta, os alumnos, soldando, construíron unha forte estrutura metálica
que colocaría a nosa caseta á altura apropiada. Pero non sen antes aplicar unha
man de antioxidante. Neste caso os materiais foron aportados polo taller
mecánico do centro.
7º Como
o punto no que sería colocada a caseta non tiña un solo firme no que asegurar
toda a estrutura, o Servizo Técnico do Centro construíu unha pequena base de cemento no chan, con catro pernos de
ancoraxe que asegurasen fortemente todo o conxunto. E xa para finalizar,
metéronse dúas argolas pequenas entre a porta e a columna dianteira, nas que
suxeitar un pequeno cadeado co propósito de “disuadir e asegurar a futura
obtención dos dados meteorolóxicos”.
Algúns
dos participantes na construción da caseta e na toma de dados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario