Con esta entrada despedímosnos por este curso. Foron moitas as actividades realizadas, pero tamén quedaron outras no tinteiro. De continuar o proxecto o curso que ven, xa temos algunhas propostas para realizar:
- Completar o muro onde está debuxado o logo con algún outro deseño como o seguinte.
- Completar o mapa para a predición meteorolóxica con máis detalles sobre aspectos xeográficos.
- Deseñar os iconos para indicar as predicións en dito mapa.
- Continuar coa recopilación de refráns noutros idiomas.
- Comparar os datos de pH da chuvia recollida no IES cos da chuvia de zonas rurais.
- Analizar a cantidade de partículas en suspensión, comparando os días de chuvia con días secos e o aire de zonas rurais co da cidade.
- Etc.
Esperamos que desfrutárades co proxecto e agradecemos o traballo de todos/as os participantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario